Os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á IV edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos este ano foron: Avelino Pousa Antelo, Luís Tosar, Xesús Ferro Ruibal e Pilar Álvarez. De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora, cunha gran vantaxe, a informadora xuvenil do Concello "Pili Álvarez".
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
22/5/12
17/5/12
LETRAS GALEGAS 2012
Este ano, o día das Letras Galegas dedicouselle a Valentín Paz Andrade, poeta e escritor galego. Nacido na parroquia de Lérez en Pontevedra. Escribiu dende moi novo en xornais e revistas. Traballou como avogado para moitas empresas pesqueiras.Foi membro da Real Academia Galega. E, fundou con outras persoas a empresa pesqueira "Pescanova".
4/5/12
REGALO PARA MAMA
Como o domingo é o día das MAMAS os nenos e nenas de 5 anos decidiron elaborar uns agasallos con moito cariño. Fixeron como veredes un colgante, un xoieiro e unha tarxeta moi orixinal con forma de bolso.¡Mirade que bonitos lles quedaron!
1/5/12
CUMPLES DE MAIO
27/4/12
LIM "OS CHIBOS CHIBONS"
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un LIM co conto "OS CHIBOS CHIBÓNS" . ¡Intentade facelo!
CELEBRACION DIA DO LIBRO
Este mes de abril, dedicámosllo ós LIBROS. Concretamente, traballamos tres contos que os nenos e nenas disfrutaron e viviron con intensidade: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", " Os Chibos Chibóns" e "Loboferoz". Podedes ver o vídeo e comprobalo.
Os libros deberían estar presentes no día a día dos nenos/as, do mesmo modo que os seus xoguetes. O hábito da lectura é un gran estímulo á creatividade, imaxinación, intelixencia e á capacidade verbal e de centración dos nenos e nenas. Os libros enriquécennos a todos e mergúllannos en aventuras, historias e información. É a mellor maneira de inculcar valores os nenos e nenas, que aprenden divertíndose coa lectura. ¡¡Vivan os libros, non só en abril!!
Os libros deberían estar presentes no día a día dos nenos/as, do mesmo modo que os seus xoguetes. O hábito da lectura é un gran estímulo á creatividade, imaxinación, intelixencia e á capacidade verbal e de centración dos nenos e nenas. Os libros enriquécennos a todos e mergúllannos en aventuras, historias e información. É a mellor maneira de inculcar valores os nenos e nenas, que aprenden divertíndose coa lectura. ¡¡Vivan os libros, non só en abril!!
LOBOFEROZ
Os nenos/as de 5 anos para a celebración do Dia do Libro traballaron o conto cantado "LOBOFEROZ": escribírono, ilustrárono e cantárono moi ben. Foi unha actividade de animación á lectura que viviron entusiasmados ¡Mirade!
PRODUCIONS MIMI: OS CHIBOS CHIBONS
Os nenos e nenas de 4 anos traballaron o conto "Os Chibos Chibons", tanto lles gustou que decidiron facer unha representación teatral do mesmo. Déronlle vida ó conto e resultou está marabilla. ¡Botádelle un ollo!
12/4/12
11/4/12
6/4/12
CUMPLEANOS ABRIL
En ABRIL celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!
22/3/12
¡CHEGA A PRIMAVERA!
Coa chegada da primavera decidimos arranxar o xardín do patio. Botámoslle terra e plantamos redodendros, caraveis do poeta, caraveis da china e buxos. ¡Mirade como o fixemos!
21/3/12
AGASALLO PARA PAPA
8/3/12
CUMPLEANOS MARZO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



