18/4/23

SAÍDA AO TEATRO

     O luns 17 de abril, as nenas e nenos de Educación Infantil fomos ao teatro. Vimos "Feo", unha adaptación, a cargo de Caramuxo Teatro, do conto "O parruliño feo" de Hans Christian Andersen, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra.

                                                Velaí as caras de felicidade que tiñamos!!!

        Despois de desfrutar da obra, achegámonos ao parque de Campolongo para merendar e...

 
Pasalo moi ben!!!
 
As nosas caras de felicidade falan por si mesmas!!!


12/4/23

A TRIBO DOS ECOBECHOS!

Hoxe veu Rocío ata o colexio, a ensinarnos a importancia da compostaxe. Coas súas historias e os seus xogos tan divertidos, aprendemos que podemos facer un montón de cousas para reciclar e reducir os residuos dun fogar e do cole.

Descubrimos unha terra máxica que fai ás prantas moi fortes: o compós. Tamén coñecemos a uns amiguiños moi importantes para a compostaxe: os bechos... arañas, cempés, miñocas, bechos bóla... todos son peóns no xadrez da compostaxe e... sempre fan xaque mate cando de compostar se trata.

Moitas grazas, Rocío, por crear conciencia dun xeito tan ameno!!!

Agradecer á Deputación de Pontevedra a organización de ditos talleres a través do Plan Revitaliza en centros educativos.