Hoxe, 11 de febreiro, é o Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
En
infantil, quixemos adicar a xornada a facer ciencia: experimentamos co
aire...a través de dous experimentos moi sinxelos, comprobamos as
propiedades deste gas que nos rodea e nos dá a vida.
O aire ocupa sitio? Coa axuda dun recipiente de auga, unha luva e un vaso vimos que, aínda que non o vemos, o aire si ocupa sitio!!!
O aire pesa? Ten forma? Podemos sentilo?.. Cun experimento moi divertido observamos que o aire adopta a forma do recipiente onde o "encerremos", que podemos sentilo se o movemos ou que pesa, aínda que sexa case imperceptible. E, coma boas científicas e científicos, rexistramos as nosas conclusións nuns libriños que levamos a casa.
Canto nos divertimos hoxe facendo ciencia!!!!!