23/11/11

CONCERTO MUSICAL

Estos días os nenos de 4 anos andan investigando e traballando cos INSTRUMENTOS MUSICAIS, notas musicais, partituras, etc. A profe Claudia e algunhas das súas alumnas tocaron para todos os nenos e nenas de infantil algunhas pezas musicais. Helena tocou unha peza co seu violín, Elia tocou no teclado, Ana tocou coa frauta doce, Cristina co clarinete e Tania co oboe. ¡¡¡¡Foi todo un espectáculo!!!

Podedes ver estes dous vídeos, a ver se recoñecedes os instrumentos polo seu son.

11/11/11

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

En NOVEMBRO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!

2/11/11

MANUALIDADES CORPO

Traballando O NOSO CORPO na aula de 5 anos, decidimos elaborar: unhas bolboretas empregando a silueta das nosas mans e tamén uns esqueletes con bastoncillos dos oídos, grazas os que aprendemos os nomes dalgúns ósos do noso corpo. Mirade que ben quedaron.

1/11/11

O SAMAÍN



Para celebrar o Samaín fixemos móbiles con fantasmas, cabazas e arañas. Os maiores decoraron as cabazas e nós fomos velas. A verdade é que eran moi divertidas. ¡Mirade o vídeo!