Dentro da programación "Do Libro ás Letras" convidamos ás familias a achegarse ao noso centro e compartir lecturas e outras actividades coas aulas dos seus fillos e fillas.
O pasado 2 de maio viñeron á escola Inés e Felipe (os pais de Fiz) e Natalia e Francisco (pais de Vera) da aula de 3 anos B e convidamos á aula de 3 anos A para cantar, bailar e xogar con nós.
O xogo que nos propuxeron foi " A serra ..." e a canción "O galo canta". Traían tres instrumentos: unha pandeireta, unha guitarra eléctrica e unha gaita que as crianzas puideron tocar e así xogar cos seus sons.
Aquí tedes unha pincelada do ben que o pasamos.

Grazas pola vosa colaboración!
No hay comentarios:
Publicar un comentario