21/12/21

A MALETA SAUDABLE NO NOSO COLE

Dentro do Programa Saúde na Escola promovido polo Concello de Barro, o alumnado de 6º de Infantil tivo a oportunidade de gozar durante dúas semanas coas lecturas e xogos que contén a Maleta Saudable que cada mes vai itinerante polos colexios da comarca (Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas). A finalidade é fomentar nas crianzas hábitos saudables de alimentación, hixiene, intelixencia emocional, autonomía e amizade.

As nosas nenas e nenos deixaron testemuña e pegada do seu traballo cunhas fermosas ilustracións no caderno que acompaña esta maleta de recursos.

19/11/21

UN VOLCÁN NO NOSO PATIO!!!

En Infantil celebramos o Día da Ciencia cun experimento moi de actualidade. Construímos un volcán e provocamos unha erupción!!!








18/6/21

Ana, Curra e Lola

Esta semana a rapazada de 3 e 4 anos tivemos unha visita moi emotiva. Viñeron vernos tres amigas: Ana, a veterinaria de Curro, e dous seres moi especiais: Curra e Lola.Curra está ceguiña e Lola recuperando a mobilidade das patas de atrás. Pero non por iso deixan de estar alegres e felices. Cremos que desfrutaron da visita tanto coma nós.
















22/5/21

XELA: FÁBRICA DE SOÑOS E PALABRAS

As nenas e nenos de 6º de Infantil desenvolveron divertidas actividades para festexar as nosas letras como a elaboración, con xices de cores, de preciosos colaxes de caracterización de Xela Arias, auténtica "fábrica de soños e palabras".

Magníficos traballos!!!


A NOSA XELA

As nosas crianzas de 3 anos conmemoraron o Día das Letras Galegas con xogos de palabras co nome de Xela e con fermosas creacións e recreacións artísticas da autora e dunha das súas obras máis coñecidas, a que leva por título Tigres como cabalos. 

Auténticas marabillas!!!






LETRAS GALEGAS XELA ARIAS

No marco da conmemoración do 17 de maio, Día das Letras Galegas, as nenas e nenos de 4 anos fixeron os seus carnés de Xela Arias e descubriron con xogos algúns dos seus libros como Tigres como cabalos e Darío a diario, obrigadas referencias na obra de Xela. Tamén debuxaron, rotularon e retrataron á nosa poeta dun xeito xenial.

Vivan as Letras Galegas!!! 

  


23/4/21

A QUE SABE A LÚA?

As nosas crianzas de Infantil conmemoraron o Día do Libro 2021 con  contos tan redondos e saborosos como A que sabe a lúa?, deixando as súas pegadas artísticas nuns vistosos puntos de lectura.

Feliz Día do Libro!



18/3/21

XOGO DE PISTAS "DO 8 AO 18"

Marabillosa participación das nenas e nenos de 5º de Infantil no xogo de pistas "DO 8 AO 18: BD - MULLERES GALEGAS" no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Acertáronas todas!!!

Ademais, fixeron fermosas ilustracións de todas e cada unha delas, cos seus elementos máis representativos!

BRAVÍSIMO, ARTISTAS!!!



24/2/21

DÍA DE ROSALÍA 2021

Fermosa homenaxe rosaliana das nosas crianzas de 3 e 4 anos, coa famosa Alborada da escritora, recreada dun xeito ben artístico.

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!