24/12/18

PAPÁ NOEL VEU VISITARNOS!

O pasado mércores 19, Papá Noel fíxonos unha visita. Trouxo agasallos para tod@s polo concurso de postais do Concello e posou con todas as clases!

Aula 3 anos A

 Aula 3 anos B

 Aula 4 anos A

 Aula 4 anos B

Aula 5 anos A

Aula 5 anos B

Grazas pola visita!!

Podedes ver máis información sobre o concurso de postais no blog de Mimi:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/12/postais-ganadoras-no-xviii-concurso-de.html 


AS FAMILIAS CONTAN

Este curso quixemos contar coa colaboración das familias no noso mural de Nadal. Pedimos que nos escribisen nunha estrela a palabra máis significativa no seno familiar relacionada co Nadal. Un sinfín de estreliñas cheas de sentimento comezaron a chegar ao colexio: amor, paz, cariño, ilusión, familia, ledicia, xuntos, sorrisos, amigos, infinito... Todas estas palabras e moitas máis forman o fermoso firmamento onde colocamos a estela de Nadal deste ano. 

Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!

Velaí o resultado!!!


20/12/18

NADAL EN INFANTIL

As árbores e as estrelas son as grandes protagonistas do Nadal de infantil este ano. Xunto a elas, elaboramos outros adornos e, por suposto, postais!! 
Neste vídeo resumo podedes ver todo o noso traballo, agardamos que vos guste!






Bo Nadal a todas e a todos!!!!!

18/12/18

PROXECTO DO APALPADOR


A principios de mes visitounos o Apalpador e deixounos contos e castañas! Quixemos, entón, investigar quen era!!
Fixemos un montón de actividades relacionadas con este personaxe do Nadal Galego: limos contos, cantamos cancións, realizamos un mural da serra do Courel coa fauna representativa e a imaxe do Apalpador e xogamos co taboleiro e o Bee bot a buscar a información agochada nas fotografías. Utilizamos a tablet e a pantalla dixital para saber máis ou, simplemente, para xogar con actividades lim sobre o Apalpador...

Canto aprendemos e canto gozamos!!!

Este é un vídeo resumo de todas as nosas actividades.