30/4/19

SAÍDA A PONTEVEDRA

O pasado 23 de Abril, o alumnado de 5º e 6º de Infantil desprazouse a Pontevedra para gozar coa magnífica representación da compañía Periferia Teatro: "Guyi Guyi". Unha adptación libre para títeres do clásico conto  "O parrulo feo".
Coa mañá de choiva que apareceu, o alumnado tivo que facer a súa merenda no vestíbulo do auditorio.

A continuación, desprazáronse ao Café Moderno onde gozaron cunha exposición sobre o loro Rabachol e un obradoiro no que recrearon unha máscara.


Unha mañá moi proveitosa!!!

11/4/19

AS FAMILIAS CONTAN

Tamara, nai de Lucas (3 anos), estivo na aula para contarnos cal é a súa profesión: administrativa nunha nave onde limpan e trocean tiburón e peixe espada.

Explicounos todo o proceso dende que se pesca o tiburón ata que chega ao supermercado.

Visionamos diferentes imaxes e poidemos colorear un tiburón entre todas e todos.

Moitas grazas por vir, Tamara!

Foi moi interesante todo o que nos contaches!!

AS FAMILIAS CONTAN

Mónica e Pepe, nai e avó de Mario (3 anos) e Anxo (4º de primaria), estiveron onte divertíndose en 3 anos.

Cantamos cancións, xogamos, falamos dos xoguetes de cando Pepe era pequeno, do oficio de fontaneiro...

Pepe contounos que foi adestrador do Celta e nos fixo "adestrar" coma verdadeiros futbolistas!!

Moitas grazas, Mónica e Pepe, por vir ata a aula e compartir con nós tantas experiencias!

Pasámolo xenial!!

10/4/19

APRENDEMOS A RECICLAR

Os máis pequenos de educación infantil chegamos un día ao cole moi preocupados porque na televisión saíra a noticia dunha balea que morrera por comer moito plástico!! Non entendiamos como unha balea podía comer plástico, se as baleas non caben nunha papeleira!! A profe explicounos que hai moitas persoas que non botan o lixo onde teñen que botalo, e xeramos moito plástico que remata nos océanos...

Decidimos converternos nuns superheroes e salvar o planeta. Queriamos aprender que temos que facer para que a basura non remate nos ríos, nos bosques e nos mares... Así, iniciámonos na reciclaxe...
 

Aprendemos que hai diferentes contedores para a nosa basura. Nós centrámonos nos contedores dos residuos orgánicos, do plástico e do papel.


Elaboramos uns libros para levar á casa e poder ter moi presente nos nosos fogares a importancia da reciclaxe e saber onde vai cada cousa.


Agora non hai lixo que non vaia ao contedor que ten que ir!!!

9/4/19

AS FAMILIAS CONTAN

Sonia, nai de Danae (3 anos), veu á aula da súa filla a mostrarnos como é unha colmea dentro do proxecto "As mascotas de aula: as abellas".


Ademais, puidemos ver como son os paneis co mel, un traxe de apicultor e o afumador.

Moitas grazas, Sonia, por acercarnos un pouco máis o mundo das abellas e da apicultura!!!

6/4/19

NO PAÍS DAS BOLBORETAS ...

... CADAQUÉN FAI O QUE LLE PETA

Este é o título do traballo que o noso centro presenta no Salón do Libro en Pontevedra, e aquí estamos os nenos e nenas das aulas de 6º de Infantil que o elaboramos (xunto con 3º e 4º de Primaria). 



Podedes ler no blog de MIMI como fixemos o traballo:
https://oblogdemimi.blogspot.com/2019/04/salon-do-libro-infantil-e-xuvenil-de.html

2/4/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe veu a divertirse con nós Nuria, a mamá de Martiño (3 anos). Fixemos un obradoiro de brochetas de froita...

Mazá, plátano, mandarina, uvas, sandía e fresas...Esas foron as ricas froitas que traía lavadas, peladas e cortadas para que nós foramos espetando na brocheta combinando todas as cores...


 Despois do traballo, tocou a recompensa!!, e con gozo as degustamos. 

Moitas grazas, Nuria, por vir ata o colexio e facernos pasar un rato moi divertido e con sabor!!