14/6/19

AS FAMILIAS CONTAN

A semana pasada tivemos a enorme fortuna de contar coa colaboración dunhas familias moi involucradas na educación vial dos nenos e nenas...
Irene e Rosi, nai e tía, respectivamente, de Lara (4 anos) viñeron ao cole acompañadas por Pepe, un burriño que lles explicou aos nenos e nenas as normas viais básicas.

Despois, Eva e Nuria, mamás de Xabi e Antía, viñeron facer con nós un taller moi divertido de elaboración de disfraces de semáforos.

Pasámolo en grande e, o máis importante, aprendemos o valor que ten  respectar os semáforos para a nosa seguridade.

Moitísimas grazas, familias!!!

EMOCIÓNS

Durante estas últimas semanas, nas aulas de 3 e 4 anos, e da man da nosa mestra de apoio Ana, desenvolveuse un proxecto sobre as emocións a través do libro "O Monstro de Cores". Aprendemos a poñer nome ás diferentes emocións e fixemos un sinfín de actividades.

  Debuxamos e coloreamos ao "noso monstro" feito un lío coas emocións. 

A calma é unha emoción importantísima. Nós elaboramos "botellas da calma" que nos axudan a relaxarnos.

Así de felices e calmados estabamos ao rematar as nosas botellas!!


4/6/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe veu a visitarnos ás aulas de 4 anos, o papá de Sabela, Gero.Veu falarnos do seu traballo, el é camioneiro. E...


Si, si, siiii, trouxo o seu camión!! E todos e todas subimos á cabina e tocamos a bucina. Foi xenial!


Moitas grazas, Gero, pola túa paciencia e por cumprir o soño de calquera neno e nena: montar nun camión así de grande!

SAÍDA FIN DE CURSO AO ACUARIO

O pasado venres, as nenas e nenos de 4 e 5 anos fomos de excursión ao Acuario do Grove.

Dende o primeiro momento, a nosa atención quedou cautiva por todos os peixes e animais mariños que alí puidemos ver. Grazas ás explicacións dos nosos monitores, coñecemos moitas cousas sobre o seu hábitat.

Miramos raias, lorchos, escachos, morenas, rodaballos, cabaliños de mar, polbos... O que máis nos chamou a atención foi ver ovos e crías de tiburón! E deixáronnos tocar os ourizos e as estrelas de mar!

Durante a visita, vimos un esqueleto de balea que apareceu varada na praia. Cando lle fixeron a necrose, atoparon a súa barriga chea de plástico; morrera pola irresponsabilidade das persoas. Foi unha gran lección!


Logo de alimentar o noso a saber, fomos alimentar os estómagos coas nosas merendas nun fermoso piñeiral.

Pasámolo en grande!!



2/6/19

AS FAMILIAS CONTAN

O pasado luns veu Diana, nai de Dani (4 anos) e Noa (1º primaria). Traía con ela sementes de xirasol para facer unha pequena plantación.

Enchemos os vasos con terra, puxemos as sementes e regamos un chisquiño...

Cando rematamos o traballo, estabamos felices e desexosos de que os nosos xirasoles naceran!!!...
E querederes saber algo? O venres algún vasiño xa tiña un pequeno brote!!

Moitas grazas, Diana, por vir a facernos pasar un momento tan gozoso!!!