Dentro do Programa de Drogodependencias e prevención de Condutas Adictivas, promovido polo Concello de Barro e a Consellería de Sanidade, os nenos e nenas de 6ª de Educación Infantil aprendemos a mellorar a nosa alimentación cun obradoiro chamado "Merendas saudables"
Fai unhas semanas recibimos unha "maleta saudable" cargadiña de xogos e contos, que gozamos un montón e coa que puidemos aprender moitas cousas sobre os alimentos, as emocións...
E o pasado martes 22 realizamos no comedor unha actividade moi interesante: Julia, psicóloga encargada deste proxecto, amosounos cun semáforo de alimentos cales son fantásticos para a nosa alimentación, cales debemos descartar da nosa dieta e cales podemos tomar de vez en cando. Tamén aprendemos a diferenciar alimentos polo seu cheiro.
E para rematar esta actividade tan divertida e á vez tan interesante preparamos uns pinchos de froita, estaban moi ricos!!!
Canto aprendemos!!! Grazas Julia por ensinarnos deste xeito tan divertido!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario