4/6/19

SAÍDA FIN DE CURSO AO ACUARIO

O pasado venres, as nenas e nenos de 4 e 5 anos fomos de excursión ao Acuario do Grove.

Dende o primeiro momento, a nosa atención quedou cautiva por todos os peixes e animais mariños que alí puidemos ver. Grazas ás explicacións dos nosos monitores, coñecemos moitas cousas sobre o seu hábitat.

Miramos raias, lorchos, escachos, morenas, rodaballos, cabaliños de mar, polbos... O que máis nos chamou a atención foi ver ovos e crías de tiburón! E deixáronnos tocar os ourizos e as estrelas de mar!

Durante a visita, vimos un esqueleto de balea que apareceu varada na praia. Cando lle fixeron a necrose, atoparon a súa barriga chea de plástico; morrera pola irresponsabilidade das persoas. Foi unha gran lección!


Logo de alimentar o noso a saber, fomos alimentar os estómagos coas nosas merendas nun fermoso piñeiral.

Pasámolo en grande!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario