O pasado 1 de decembro visitamos a fábrica Clesa en Caldas de Reis. Os nosos anfitrións foron os integrantes de Polo Correo do Vento, grandes profesionais que nos achegaron dun xeito moi lúdico o traballo diario desta fábrica.
Fixemos un pequeno obradoiro de debuxo e seguindo paso a paso as instruccións... debuxamos unha fermosa vaca!
Para rematar tomamos unha rica merenda, cortesía de Clesa.
Queremos agradecer a amabilidade e o bo facer destes dous profesionais, así memo, dar as gracias a Clesa por abrir as súas portas aos centros escolares que desexen visitar a fábrica, pola rica merenda e polo detalle que tivo con cada neno e cada profesora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario