19/3/15

O PAPÁ DE ALEX VILAS VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole ó papá de Alex Vilas que se chama Ángel. Veu para ensinarnos a sementar e plantar  agora que se achega a primavera. Primeiro sementamos leitugas e cenorias, insistiunos na importancia dunha boa terra abonada e da rega diaria. Despois gardamos os envases xa sementados no invernadoiro. Logo fomos á pequena horta do cole, onde nos falou da importancia de preparar e limpar a terra co sacho e abonala.   Sementamos grans de millo e plantamos repolos. Rematamos regando o cultivo. ¡Agora a regar e a esperar á colleita! ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Ángel pola túa asistencia!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario