20/2/12

SEMANA TEMATICA ENTROIDO 2012

A semana do 13 ao 17 de febreiro celebramos a festa do entroido no colexio. Ao longo da semana MIMI, a mascota da biblioteca do centro, foinos dando instrucións para que todos trouxéramos algo especial: algo na cabeza, unha prenda do revés, algo feito con periódico, a cara pintada e disfrazad@ con cousas que houbera pola casa. O día 17, despois do recreo reunímonos no ximnasio para ver os disfraces dos compañeir@s e mostrar os nosos. ¡Mirade o vídeo e veredes as diferentes actividades da semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario