Que ben celebraron o Día das Letras Galegas as nenas e nenos de 6º de Infantil coas letras e os versos de Florencio Delgado Gurriarán.
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
18/5/22
14/5/22
FACEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO VIRTUALMENTE!!!
Dende Infantil, queremos propoñervos unha actividade en familia ao aire libre e relacionada co proxecto anual do noso Cole "Barro no Camiño".
A nosa proposta é que fagades un ou varios tramos do Camiño de Santiago que pasa polo noso Concello, facer unha foto xunto a un dos fitos que hai ao longo do camiño e subila a este padlet:
Tamén podedes acceder ao padlet a través deste código Qr:
Mimi xa está facendo o Camiño!!!
Como boas e bos pelegríns iremos selando a "nosa credencial", cun selo moi especial. Cantas máis fotos en diferentes fitos, máis selos acumularedes!!! No pé da foto deberedes poñer onde vos atopades.
Deixámosvos un pequeno titorial de como subir a foto (clicade enriba para ampliar):
23/3/22
CON MOITA ARTE!
As crianzas de Infantil participaron moi emocionadas no xogo de pistas "Do 8 ao 18" que desenvolvemos no colexio no marco da conmemoración do Día da Muller. Día tras día, indagaron sobre cada unha das mulleres artistas homenaxeadas e, incluso, crearon e recrearon as súas imaxes como ben fixeron, por exemplo, as nenas e nenos de 6º de Infantil.
Moitísimos Parabéns, artistas!!!
9/3/22
8-M Día Internacional da Muller
No Día internacional da Muller quixemos ensalzar a figura de todas as mulleres que forman parte das nosas vidas. Elaboramos un mural con debuxos representativos destas figuras: avoas, nais, tías, irmás.. A figura da "mamá" foi a máis reproducida.
Neste momento tan convulso, debido á guerra en Ucraína, eleximos unha frase da canción Ay mamá de Rigoberta Bandini como lema.
A continuación deixámosvos unha foto de cada aula de Infantil.
23/2/22
DÍA DE ROSALÍA
Podedes tamén escoitalo se escaneades este código Qr
Amais de recitar dito poema, elaboramos unhas carautas de Rosalía, facendo deste día unha celebración moi divertida!!
Feliz día de Rosalía no seu 185 aniversario!
11/2/22
11 F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, en Infantil estudamos a dúas importantes mulleres: Isabel Zendal (primeira enfermeira en misión internacional) e Felisa Martín Bravo (primeira doutora en física de España e primeira muller en ingresar no Centro Superior de Metereoloxía).
E falando de metereoloxía...realizamos un experimento: "fixemos choiva".
21/12/21
A MALETA SAUDABLE NO NOSO COLE
Dentro do Programa Saúde na Escola promovido polo Concello de Barro, o alumnado de 6º de Infantil tivo a oportunidade de gozar durante dúas semanas coas lecturas e xogos que contén a Maleta Saudable que cada mes vai itinerante polos colexios da comarca (Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas). A finalidade é fomentar nas crianzas hábitos saudables de alimentación, hixiene, intelixencia emocional, autonomía e amizade.
As nosas nenas e nenos deixaron testemuña e pegada do seu traballo cunhas fermosas ilustracións no caderno que acompaña esta maleta de recursos.
19/11/21
UN VOLCÁN NO NOSO PATIO!!!
18/6/21
Ana, Curra e Lola
Esta semana a rapazada de 3 e 4 anos tivemos unha visita moi emotiva. Viñeron vernos tres amigas: Ana, a veterinaria de Curro, e dous seres moi especiais: Curra e Lola.Curra está ceguiña e Lola recuperando a mobilidade das patas de atrás. Pero non por iso deixan de estar alegres e felices. Cremos que desfrutaron da visita tanto coma nós.
22/5/21
XELA: FÁBRICA DE SOÑOS E PALABRAS
As nenas e nenos de 6º de Infantil desenvolveron divertidas actividades para festexar as nosas letras como a elaboración, con xices de cores, de preciosos colaxes de caracterización de Xela Arias, auténtica "fábrica de soños e palabras".
Magníficos traballos!!!






































