18/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe veu á clase de 3 anos B Ana,  mamá de Mauro (3 anos B). Veu cargadiña dun montón de cousas para facérmonos pasar un momento moi divertido facendo manualidades.

Fixemos composicións propias con troqueladoras e selos.

Tamén elaboramos chaveiros personalizados e puidemos manexar unha súper troqueladora!!


Como sorpresa final, tiña preparados uns lapis de cores cunha cabeza moi chula de oso!

Moitísimas grazas por vir e traernos tantas cousas chulas!!!

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe estivo nas aulas de 4 anos  Ángeles, nai de Letizia (4 anos B). Veu contarnos o conto de "Pedro e o Lobo"...


Ao rematar, tiña preparadas dúas actividades para facer unhas manualidades moi divertidas: Un barquiño con cortiza e unha ra que cazaba moscas!!


Moitísimas grazas por vir ata o cole e facérmonos pasar un rato tan divertido!!!


15/3/19

PROXECTO "O CORPO HUMANO"

En 3 anos levamos varias semanas traballando o proxecto do corpo humano. Foi un proxecto apaixoante porque descubrimos un montón de cousas que non sabiamos sobre o funcionamento do noso corpo. 

Na clase de 3 anos A, fixemos unhas siluetas (externas) e as fomos completando coas partes da cara e os sentidos.
Despois, noutras siluetas (internas) colocamos os órganos vitais e aprendemos as súas funcións.



Na clase de 3 anos B, fixemos unhas siluetas  que decoramos libremente...


Tamén elaboramos un libro de solapas onde recollemos información sobre os sentidos, o aseo diario, os órganos máis importantes e un puzzle de nós mesmos co que nos fartamos de xogar!!!




Grazas a xestión de Seila, mamá de Elba de 3 anos B, unha empresa donou cepillos e pasta de dentes que repartimos nas dúas aulas.

Agradecemos ás familias que se implicaron con nós no desenvolvemento deste proxecto.


12/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

Onte viñeron ao colexio Inés e Quique, pais de Carmen (3 anos B) e Tomás (5 anos B). Contaron un conto en ambas aulas, "A derradeira Cincenta".
Despois de contarnos o conto, estivemos falando de como se organizan para colaborar todos na casa, que responsabilidades teñen Carmen e Tomás, e como papá e mamá se distribúen as tarefas do coidado do fogar e dos nen@s.

Moitas grazas, familia, por vir ata o cole a compartir un rato connosco e axudarnos, dun xeito tan natural, a ver que todos e todas podemos e debemos facer as mesmas cousas!!

8/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe, veu visitarnos Seila, a mamá de Elba (3 anos B). Ela é dentista e estivo connosco na aula explicándonos un montón de cousas sobre os nosos dentes.

Aprendemos cantos dentes temos, que é unha carie, como as/os dentistas miran os nosos dentes cun espello...


Explicounos como ter unha correcta hixiene bucal. Para rematar, contounos a súa experiencia en Nicaragua axudando aos nenos e nenas de alí.

Moitas grazas, Seila, por vir visitarnos e ensinarnos tantas cousas!

ENTROIDO INFANTIL


Durante os días de entroido, fixemos moitas cousas e pasámolo xenial. Cada día, lemos con emoción "O mandado de Mimi" e fixemos un pequeno libro cos debuxos dos seus mandados.


Tamén elaboramos uns sombreiros moi vistosos...


Nas seguintes fotografías podedes mirar o ben que nos sentan!!!








7/3/19

OS NOSOS DISFRACES

O venres pasado celebramos no centro o noso habitual desfile e festa de disfraces. Para deixar testemuña do guapísimos e guapísimas que estabamos fixemos estas fotos ao remate.


 
 
 

Si queredes saber máis sobre o acontecido no cole durante toda a semana podedes ler "O blog de MIMI":
https://oblogdemimi.blogspot.com/2019/03/entroido-2019.html



25/2/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe visitounos Sonia, a mamá de Danae ( da clase de 3 anos A). Ela é enfermeira, e veu explicarnos como funcionan os pulmóns e o corazón. Entendímolo moi ben coa axuda do mural que fixo con Danae. Ademais, trouxo un fonendoscopio e un pulsómetro que tivemos a sorte de probar.



Grazas as súas explicacións, profundizamos máis no noso "Proxecto do corpo humano".

Moitísimas grazas, Sonia!!!

 Gustounos moito a túa visita!!!

24/2/19

DÍA DE ROSALÍA 2019

Este ano, para conmemorar o Día de Rosalía, recitamos a `Alborada´ coas demais nenas e nenos do colexio. Podedes ver o vídeo premendo no seguinte enlace:


E Felipe e Inés, o pai e a nai do noso compañeiro Fiz, fixéronnos unha visita e tocaron coa gaita e a pandeireta a `Alborada´. Nós acompañamos con palmas e con moita, moita alegría. 

Gustounos moito, moitísimo!!!

Un millón de grazas!!!


O vídeo da actuación de Felipe e Inés podedes velo no blog de MIMI:


11/2/19

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. En Infantil, quixemos conmemoralo coñecendo a unha importante muller na ciencia galega: Aída Fernández Ríos.


Ademais de acercármonos un pouquiño á súa figura, quixemos saber que era iso da "climatoloxía" (un dos campos onde desenvolveu o seu traballo). Para iso... Que mellor que facendo experimentos!!!


 "Recreamos unha nube" e provocamos que chovera dentro dun tarro!!!
Para poder aprecialo, tinguimos a "nosa choiva" de azul.


Tamén fixemos neve!

Pasámolo xenial e aprendemos un pouco máis sobre o mundo que nos rodea!

8/2/19

IMOS AO TEATRO!!!


O pasado luns 4, os nenos e as nenas de 4 e 5 anos fomos ver un teatro musical chamado Burbujas de papel.



Gustounos moito!!!


6/2/19

AS FAMILIAS CONTAN

Lorena, a mamá de Sofía (de tres anos), veu visitarnos para falarnos do seu embarazo, dentro do proxecto de aula sobre o noso corpo. Mostrounos ecografías, falounos do cordón umbilical, para que serve...


Prestamos moita atención e sentímonos felices de aprender tantas cousas e dun xeito tan divertido e cercano.

 Moitísimas grazas, Lorena!

2/2/19

DÍA ESCOLAR DA PAZ 2019

En Educación Infantil celebramos o Día da Paz facendo un montón de actividades encamiñadas a coñecer o verdadeiro significado da PAZ. Este curso o fío conductor foi John Lennon e a súa canción Imagine.
Aquí tedes un breve resumo dos nosos traballos plásticos.




Ademais, bailamos a danza italiana Sete Gesti, coa que expresamos o inmenso valor do perdón nas relacións positivas, que tanto favorece o benestar e a convivencia pacífica.
Podedes ver o vídeo do acto no que a bailamos coas familias que está recollido no "Blog de Mimi."
https://oblogdemimi.blogspot.com/2019/02/dia-da-paz-2019.html

24/12/18

PAPÁ NOEL VEU VISITARNOS!

O pasado mércores 19, Papá Noel fíxonos unha visita. Trouxo agasallos para tod@s polo concurso de postais do Concello e posou con todas as clases!

Aula 3 anos A

 Aula 3 anos B

 Aula 4 anos A

 Aula 4 anos B

Aula 5 anos A

Aula 5 anos B

Grazas pola visita!!

Podedes ver máis información sobre o concurso de postais no blog de Mimi:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/12/postais-ganadoras-no-xviii-concurso-de.html 


AS FAMILIAS CONTAN

Este curso quixemos contar coa colaboración das familias no noso mural de Nadal. Pedimos que nos escribisen nunha estrela a palabra máis significativa no seno familiar relacionada co Nadal. Un sinfín de estreliñas cheas de sentimento comezaron a chegar ao colexio: amor, paz, cariño, ilusión, familia, ledicia, xuntos, sorrisos, amigos, infinito... Todas estas palabras e moitas máis forman o fermoso firmamento onde colocamos a estela de Nadal deste ano. 

Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!

Velaí o resultado!!!


20/12/18

NADAL EN INFANTIL

As árbores e as estrelas son as grandes protagonistas do Nadal de infantil este ano. Xunto a elas, elaboramos outros adornos e, por suposto, postais!! 
Neste vídeo resumo podedes ver todo o noso traballo, agardamos que vos guste!






Bo Nadal a todas e a todos!!!!!