Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
15/5/14
SÓ UN SEGUNDO
DESPOIS DE LER O LIBRO "SO UN SEGUNDO", DE SILVIO FREYTES E FLAVIO MORRIS, EDITADO POR KALANDRAKA, FIXEMOS UNHA ADAPTACIÓN COAS NOSAS ILUSTRACIÓNS E VOCES.
ÁS DE MOSCA PARA ANXO
ESTA É A NOSA VISIÓN DO LIBRO DE ESTRELA, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
9/5/14
¡BENVIDA AOS PITIÑOS!
Hoxe fomos visitar ao ximnasio uns novos membros da comunidade educativa moi especiais. Unha familia de gorrións aniñou esta primavera dentro dun zampacastañas e estes días naceron os seus fermosos pitiños aos que fomos dar a benvida con moito agarimo.
8/5/14
CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO
Estes son os dous contiños que inventaron e ilustraron os nenos e as nenas de 3 anos, para participar no concurso "Cóntame un conto, veciño" que convocan o Concello de Barro e o de Portas.
7/5/14
CANDIDATOS PREMIO MIMI 2014
Un ano máis, os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á VI edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos para este ano foron: o grupo humorístico musical Os da Ría, o contacontos Anxo Moure, a cantante coruñesa "SÉS" , a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa campaña "Gústame o Galego", o escritor X. Neira Vilas e a escritora Fina Casalderrey. De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora María Xosé Silvar, a cantautora galega "SÉS".
1/5/14
ÁS DE MOSCA PARA ANXO
Este curso estamos traballando no Proxecto Escribir e Ler para ser competentes ten a súa orixe no proxcto desenvolto o curso pasado Escribir como Lectores na compaña do Club de Escritura Telémaco. A obra literaria escollida para traballar en todo o centro é "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey. O obxectivo é achegar ós nenos e nenas á literatura, a través de diversas actividades adaptadas que estimulen e fomenten a motivación pola lectura e pola produción escritura.
28/4/14
ÁS DE MOSCA PARA ANXO: MARCAPÁXINAS
Un ano máis, para conmemorar o Día do Libro, cada alumno/a traballou no seu propio marcapáxinas. Este ano referido á obra "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey.
Os nenos e nenas de 5 anos fixeron estes fermosos marcapáxinas co gallo do día do libro:
Os peques de 3 anos tamén fixeron, con moita ilusión, os seus primeiros marcapáxinas:
Etiquetas:
DIA DO LIBRO,
ESCRIBIR E LER PARA SER COMPETENTES
23/4/14
DÍA DO LIBRO, ABRIL 2014
Para conmemorar o Día do Libro, do presente ano, os peques de infantil traballaron diferentes libros, que seguro coñecedes, ilustráronos, narráronos e ata cantaron como podedes ver a continuación.
Os nenos e nenas de 3 anos versionaron: "Os Tres Porquiños", "O Polo Pepe" e a cantiga do grupo Mamá Cabra "Coñezo un Gatiño".
1/4/14
28/3/14
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Os pequenos de tres anos traballaron e recitaron a poesía "Tres Bolboretas" de X. Neira Vilas coincidindo coa chegada da primavera . ¡Botádelle un ollo!
Os nenos e nenas de 4 anos traballaron a poesía "Bicos" de Antonio García Teijeiro. ¡Facede clik na imaxe!
Os maiores de 5 anos traballaron as poesías referidas ó Inverno e a Primavera de Antonio García Teijeiro. Ademais de recitalas tamén fixeron unhas fermosas ilustracións.
Os nenos e nenas de 4 anos traballaron a poesía "Bicos" de Antonio García Teijeiro. ¡Facede clik na imaxe!
Os maiores de 5 anos traballaron as poesías referidas ó Inverno e a Primavera de Antonio García Teijeiro. Ademais de recitalas tamén fixeron unhas fermosas ilustracións.
20/3/14
ANIVERSARIO JÉSSICA
No libro "Ás de mosca para Anxo" de fina Casalderrey cóntasenos como celebran os cumples na clase do profe Carlos. Os peques de 3 anos tamén celebran os seus aniversarios. Hai uns días estivo Jéssica de cumple e ademais de cantar as cantigas de aniversario os peques regaláronlle a Jéssica un debuxo, no que se reflicte o que lles gustaría regalarlle. ¡É un agasallo moi especial!
CUMPLE DE JÉSSICA from maite
19/3/14
AS NOSAS MASCOTAS
Este proxecto xurdiu trala lectura dun dos capítulos do libro "Ás de mosca para Anxo". Cando Estrela conta ós seus compañeiros que sobe moitas veces ó tellado e un deles lle pregunta: "E que fas no tellado? Xogas co gato?
Os nenos e nenas de 3 anos trouxeron fotos das súas mascotas. Falamos sobre elas e fixemos este libriño.
Os nenos e nenas de 3 anos trouxeron fotos das súas mascotas. Falamos sobre elas e fixemos este libriño.
A PULSEIRA DE ESTRELA, 3 ANOS
A pulseira de Estrela tivo moito éxito entre os máis pequenos. Grazas a este elemento xurdiu a seguinte proposta "UNHA TARDE COA PULSEIRA DE ESTRELA". Estrela estaba algo aborrecida na Biblioteca e pensou en deixarlle a pulseira ós nenos e nenas de 3 anos a cambio de que lle contasen o que facían polas tardes nas súas casas. Os nenos e nenas levaban a pulseira na man e unha caixiña, a modo de xoieiro, para informar ás familias da actividade. Ó mañá seguinte debían contar ós seus compañeiros/as as cousas que fixeron a tarde pasada. Tamén tiñan que escribir e facer un debuxo, para levarlle a Estrela, do que máis lles gustou. Finalmente, Estrela agasallaraos con caramelos porque pasouno moi ben lendo o que facían polas tardes.
ÁS DE MOSCA PARA ANXO, 3 ANOS
Este ano, como vimos anunciando dende hai tempo, todo o cole anda a traballar na obra "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey, vinculado ó proxecto "Escribir e Ler para ser Competentes". Os máis peques do cole tamén traballaron a obra, achegando a mesma as súas vidas. Aquí vos deixamos algunhas das actividades realizadas.
14/3/14
28/2/14
ENTROIDO 2014
Un ano máis, chega o Entroido ó CEIP Amor Ruibal cos orixinais "Mandados de Mimi". Pasámolo moi ben grandes e pequenos como podedes ver neste vídeo. ¡Botádelle un ollo!
DISFRACES 2013-2014
Aquí, vos deixamos un traballiño que fixeron os peques de 3 anos do entroido. A eles gustaríalles disfrazarse de...
20/2/14
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

