27/9/12

CUMPLEANOS DE SETEMBRO

Neste mes de setembro tivemos algúns amigos e amigas de cumple. ¡FELICIDADES! Se os vedes non vos esquezades de felicitalos.






14/9/12

INAUGURACIÓN DO CURSO 2012-2013


Este venres demos por inaugurado oficialmente o curso 2012-2013. O acto foi presentado pola profe Claudia e os convidados: Miro Magariños, a Concelleira de Cultura e Gerino Calvo. Todos dedicaron unhas palabras ó alumnado, esperando que aproveiten o curso adquiriendo un novos coñecementos, cun pequeno esforzo e moita ilusión. Tamén se lembrou: o traballo e dedicación do profesorado ó alumnado e ó centro; así como, a participación das familias na vida do mesmo, a través da ANPA.

1/8/12

1º TALENT SHOW

Este ano, en lugar de facer o tradicional festival de fin de curso, os/as alumnos/as de todo o cole prepararon as súas propias actuacións individuais e grupais; considerando as súas habilidades de baile, canto, instrumentais e de contadores de chistes.
¡¡O RESULTADO FOI MAGNÍFICO!!

GRADUACIÓN 2011-2012

Os nenos e nenas de 5 anos rematamos a nosa estancia no Ciclo de Infantil cunha festa de GRADUACIÓN á que convidamos os nosos pais e nais e que compartimos cos demais compañeiros/as do colexio e en especial cos de 6º curso que marchan para o Instituto.
Estabamos moi guapos cos nosos birretes. ¡Botádelle un ollo!

ALIMENTOS, ESPAZO E VERÁN

Aquí, podedes ver os alumnos de 5 anos nalgunhas das actividades que fíxemos neste último trimestre relacionadas cos alimentos, o espazo e o verán. Aprenderon moitas cousas e divertíronse moito. ¡Mirade!

19/6/12

CANTAMOS: EVA MARIA SE FUE...


Os nenos e nenas de 5 anos queren rematar o curso cantándovos unha cantiga moi popular "Eva Maria se fue" de Fórmula V. A interpretación foi moi boa, podedes ver o vídeo. Deséxanvos a todos un bo verán e esperan atopaparvos para xogar na praia ou no no parque.

7/6/12

UNHA VIAXE POLO ESPAZO

Os nenos e nenas de 5 anos están estudando o Sistema Solar e fixeron unha viaxe polo espazo. ¡Foi fantástico!

ESTUDAMOS O SISTEMA SOLAR

Aquí deixamos algúns materiais, recursos e xogos.






XOGOS:
MIRANDO LAS ESTRELLAS
LOS PLANETAS DEL SISTEMA SOLAR

2/6/12

CUMPLES DE XUÑO


En XUÑO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!

31/5/12

ENTREGA DO IV PREMIO MIMI


Hoxe, fixemos a entrega do IV Premio Mimi á gañadora "Pili",a informadora xuvenil do Concello que organiza moitísimas actividades para os rapaces e rapazas do cole. Os maiores do cole, no escenario, tocaron unha peza mexicana para Pili e tamén interpretaron o tema do "Rap da Lingua" do grupo Migallas. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!

22/5/12

CANDIDATOS PREMIO MIMI 2012

Os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á IV edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos este ano foron: Avelino Pousa Antelo, Luís Tosar, Xesús Ferro Ruibal e Pilar Álvarez. De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora, cunha gran vantaxe, a informadora xuvenil do Concello "Pili Álvarez".

17/5/12

LETRAS GALEGAS 2012



Este ano, o día das Letras Galegas dedicouselle a Valentín Paz Andrade, poeta e escritor galego. Nacido na parroquia de Lérez en Pontevedra. Escribiu dende moi novo en xornais e revistas. Traballou como avogado para moitas empresas pesqueiras.Foi membro da Real Academia Galega. E, fundou con outras persoas a empresa pesqueira "Pescanova".

CANTIGAS INFANTIS

CANTIGAS DOS NUMEROS

CANTIGAS DAS CORES

CANTIGAS DO ABECEDARIO

CANTIGAS DAS VOGAIS


4/5/12

REGALO PARA MAMA

Como o domingo é o día das MAMAS os nenos e nenas de 5 anos decidiron elaborar uns agasallos  con moito cariño. Fixeron como veredes un colgante, un xoieiro e unha tarxeta moi orixinal con forma de bolso.¡Mirade que bonitos lles quedaron!

1/5/12

CUMPLES DE MAIO





En MAIO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!