Este nadal deu para moitísimas cousas como podedes comprobar neste vídeo. DESEXÁMOSVOS A TODOS BOAS FESTAS E FELIZ ANO NOVO.
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
23/12/13
16/12/13
BUSCANDO UNHA ESTRELA
Os nenos e nenas de 3 anos, interpretaron a panxoliña de Nadal "Buscando unha Estrela". Deste xeito queren desexarvos, a todos os lectores deste blogger, un ¡BO NADAL E FELIZ 2014!
Este foi o resultado. ¡Botádelle un ollo! ¡Veredes que ben o fixeron!
3/12/13
BUSCANDO UNHA ESTRELA
Os CANGUROS e os PITIÑOS cantan este fermosa panxoliña, é moi sinxeliña. Facede clik nas imaxes e escoitade.
2/12/13
HELLO REINDEER
Os nenos e nenas máis peques do cole e a teacher cantan esta fermosa cantiga de nadal.¡Cantádea con nós!
1/12/13
15/11/13
MAGOSTO 2013
Celebramos a Festa do Magosto no día propio do San Martiño, o día 11 de novembro. Jose e Isabel asaron as castañas con moito cariño na súa locomotora para todos os nenos e nenas do cole. ¡¡¡Comémolas todas!!! Estaban moi ricas.
6/11/13
31/10/13
HALLOWEEN 13
Un ano máis celebramos o Halloween, na nosa terra Samaín. Como veredes no vídeo fixemos esqueletos, fantasmas, gatos...; os nenos e nenas trouxeron cabazas decoradas e cantamos no ximnasio todos xuntos coa colaboración da teacher Mª Carmen, Amelia e Eva dúas cantigas en inglés: " O baile dos esqueletos" e "As cores do Halloween".
30/10/13
23/10/13
I FEIRA DO LIBRO USADO
Este ano, para celebrar a Semana das Bibliotecas, entre outras actividades, fíxose a I Feira do Libro Usado con material retirado da Biblioteca do Cole, tralo expurgo . Os nenos e nenas de todo o cole podían ver o material e retirar un libro cada día dos que dura a Feira.
22/10/13
THE SKELETON DANCE
Aquí vos deixamos un vídeo coa cantiga e baile dun esqueleto moi divertido para este Halloween.
4/10/13
OS BOMBEIROS DE BARRO
Este mes de setembro houbo algúns incendios polos arredores. O grupo dos Pitiños estivo moi motivado con esta temática: bombeiros, camión de bombeiros, incendios, rescates... Fixeron un pequeno traballo e un super camión de bombeiros. Por un intre convertéronse en bombeiros e foron de servizo apagar incendios no bosque e na cidade, a rescatar gatos enriba de edificios ou árbores...¡¡¡Botádelle un ollo e veredes que valentes son!!!
GOOD MORNING, MR. ROOSTER
Os nenos e nenas de 3 anos están cantando esta cantiga coa teacher para saudar pola mañá.
PRIMEIROS DÍAS NO COLE
Estes son os nenos e nenas de 3 anos, o grupo dos CANGUROS e o grupo dos PITIÑOS, como podedes ver nesta presentación adaptáronse moi ben ó Cole.
11/9/13
10/9/13
28/6/13
26/6/13
2º TALENT SHOW
Por segundo ano consecutivo, celebramos no cole "O TALENTSHOW", os/as alumnos/as de todo o cole; prepararon as súas propias actuacións individuais e grupais; considerando as súas habilidades de baile, canto, instrumentais e de contadores de chistes. Organizouse en dúas partes, como poderedes ver máis adiante.
21/6/13
GRADUACIÓN 2012-2013
Os nenos e nenas de 5 anos remataron a súa estancia no 2º Ciclo de Educación Infantil cunha festa de GRADUACIÓN á que convidaron ós pais e nais e que compartiron cos demais compañeiros/as do colexio e en especial cos de 6º curso que o próximo curso estarán no Instituto.
Estaban moi guapos cos seus birretes. ¡Botádelle un ollo!
24/5/13
A ESPANTALLA LÚA
Como ben sabedes, este ano temos unha pequena plantación de amorodos, que coidamos con moito cariño. Agora, comezan a madurar algúns amorodos e presentóusenos un pequeno problema: ¡os paxaros non deixaban unha! Despois de matinar un pouco, nunha solución para aquel problema, os nenos e nenas decidiron que o mellor era facer un espantallo. E así foi como Lúa comezou a formar parte das nosas vidas. ¡Botádelle un ollo ó vídeo e coñecerédela!
21/5/13
VISITA DO ESCRITOR RICARDO GÓMEZ
Este martes, recibimos no Centro a visita do escritor Ricardo Gómez. Como ben sabedes, este ano todo o centro traballou unha das súas obras "Ojo de Nube", nun Proxecto desenvolvido en colaboración co Club de Escritura Telémaco e a Asociación Española de Lectura e Escritura, coordinado por Laura Benítez. Ricardo comezou a súa charla expresando a ilusión que lle facía coñecer os seus lectores. Logo, foi respondendo ás preguntas dos nenos e nenas relacionadas con esta estupenda obra, comentando detalles interesantes atopados na lectura, e cuestións relacionadas co seu oficio de escritor.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CLUB TELÉMACO,
VISITAS Ó CENTRO DE:
17/5/13
150 ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS
Este ano 2013 celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro,o día 17 de maio de 1863, aniversario de Manuel Murguía no que a súa compañeira lle ofrecía este poemario como sinal de amor mutuo e compromiso por Galicia, foi o primeiro libro escrito integramente en lingua galega. Para homenaxeala os nenos e nenas de 5 anos recitaron e ilustraron un dos seus poemas."¡Canta paxariño, canta..." ¡Botádelle un ollo!
16/5/13
CLUB TELÉMACO
O Club de Escritura Telémaco posto en marcha pola Fundación SM e a Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE), organiza este proxecto co que pretende fomentar o acercamento dos nenos/as e adolescentes á literatura.
Este curso, todo o centro, infantil e primaria, participa nun Proxecto do Equipo da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE). Dirixido por Estela D´ Angelo Menéndez e coordinado por Laura Benítez Sastre. A obra literaria coa que imos traballar é "Ojo de Nube" do escritor Ricardo Gómez.
Para máis información: http://www.clubescrituratelemaco.org/index.php
Este curso, todo o centro, infantil e primaria, participa nun Proxecto do Equipo da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE). Dirixido por Estela D´ Angelo Menéndez e coordinado por Laura Benítez Sastre. A obra literaria coa que imos traballar é "Ojo de Nube" do escritor Ricardo Gómez.
Para máis información: http://www.clubescrituratelemaco.org/index.php
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CLUB TELÉMACO,
PROPOSTAS DE TRABALLO
15/5/13
RAPEANDO CON AÍD A ROSALIA DE CASTRO
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos por Rosalía de Castro. Como vos anunciamos en días anteriores, a rapeira AÍD e unha grande admiradora de Rosalía de Castro, da cal interpreta algúns poemas a ritmo de rap no seu disco libro RAPOEMAS. Os nenos e nenas de 5 anos bailan a ritmo de rap os temas: "Apréndeo" e "Adeus ríos, adeus fontes" (poema de Rosalia). ¡Botádelle un ollo!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
LETRAS GALEGAS,
PREMIO MIMI
14/5/13
ENTREGA DO V PREMIO MIMI Ó PERSOEIRO DO ANO
Hoxe, fixemos a entrega do V Premio Mimi á rapeira viguesa AÍD. Como ben sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro. Aid interpretou co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto cada ano, o tema "Apréndeo" que tanto cantamos estes días no cole. Tamén nos confesou que Rosalia de Castro era para ela "o seu ídolo e unha gran muller". Regalounos a interpretación a ritmo de rap do poema "Adeus ríos, adeus fontes" recollido no seu disco libro " Rapoemas" da editorial Galaxia, que inclúe un bo feixe de poemas de Rosalía de Castro a ritmo de rap. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!
3/5/13
CANDIDATOS PREMIO MIMI 2013
Os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á V edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos este ano foron: Agustín Fernández Paz (escritor), Ángel Alfonso Piñeiro (mestre no centro durante 25 anos), Os Axóuxeres (serie debuxos emitida por tvG2 ; son unha familia divertida de monecos que vive encol dunha mesa no dormitorio dun neno), Fina Casalderrey (escritora) e Aída Alonso Iglesias ( coñecida como AID, cantante e compositora de música urbana). De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora, cunha gran vantaxe, a rapeira galega "AID".
24/4/13
DON CARLOS
Este ano, para celebrar o Día do Libro, os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha adaptación do conto "Dona Carme". Confecionaron un libriño, titulado "Don Carlos", no que escribiron e debuxaron para levar a casa. Ademais, aproveitando as TIC´s fíxose unha montaxe audiovisual que presentaron a outros alumnos/as. ¡Botádelle un ollo!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
DIA DO LIBRO,
PRODUCIONS MIMI
23/4/13
OJO DE NUBE: MARCAPÁGINAS
Un ano máis, para celebrar o Día do Libro, cada neno e nena elaborou un marcapáxinas persoal, para marcar os puntos de lectura. Este ano a elaboración xiraba arredor do libro "Ojo de Nube" que traballou o alumnado de todo o colexio. Os peques de 5 anos decidiron ilustrar algún tipy, tótem, montaña... pola cara de diante e pola traseira o nome indio que se puxeron.
22/4/13
PRIMAVERA 2013
¡¡¡Xa comezou a primavera!!! Para celebralo decidimos plantar sementes de tomates e de cenorias. E, como a case todos os peques lles gustan os amorodos, imos probar a coidar as plantas para ver o proceso de transformación, dende que é unha pequena flor ata converterse nun fermoso amorodo. Este ano, para a plantación inspirámonos nos indios crow; sementamos, regamos a diario e ¡¡imos ver se podemos recolectar algo pasados uns meses!!
16/4/13
OJO DE NUBE: VISITA DE LAURA
Na xornada de hoxe, Laura Benítez Satre, a coordinadora do Equipo da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE), visitou o Centro para traballar a obra de Ricardo Gómez "Ojo de nube" polas distintas aulas participantes no Proxecto. Como agasallo, para Laura, todo o alumnado do colexio, coordinado pola profesora de música Claudia, interpretou a cantiga de "Hani Kuni". ¡Botádelle un ollo! ¡Fixérono moi ben!
15/4/13
OJO DE NUBE: PISADAS
Mentres liamos o libro "Ojo de Nube" descubrimos que os nenos indios aprendían a identificar pisadas dende ben pequenos. Achegando a experiencia o noso contorno tratamos de identificar as pisadas dos animais máis coñecidos entre nós. Ademais, recollemos algunhas pistas para identificalos. ¡¡¡A ver ser os adiviñades!!!!
Tamén, preparamos un xogo LIM, aproveitando os debuxos feitos para o traballo das pisadas, así coma o novo vocabulario. ¡¡¡ Probade a facelo!!!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CLUB TELÉMACO,
LIM,
PROPOSTAS DE TRABALLO
10/4/13
CANCIÓN "HANI KUNI"
Vídeo da interpretación feita por alumnos e alumnas do CEIP Amor Ruibal da cantiga india "Hani Kuni".
23/3/13
DIVERSIÓN CON MAWA
Aquí vos deixamos uns vídeos moi divertidos para pasar un bo rato estas Pascuas. ¡Boas Pascuas a todos!
22/3/13
VISITA O COLE: ANXO MOURE
Este venres, 22 de marzo, recibimos no centro a visita do contacontos Anxo Moure. Coñecido por algúns coma "O CARBALLO CON BOTAS". Que nos contou unha historia fantástica sobre as árbores, de como alimentan a nosa imaxinación, da música das árbores... Tamén nos contou cousas dos seus inimigos o lume e o lixo. ¡Pasamos un intre moi agradable con el!
20/3/13
A TRIBU DOS INDIOS CROW
Grazas á lectura do libro "OJO DE NUBE" aprendemos moitas cousas sobre os indios crow. Con toda esa información cada neno e nena de 5 anos fixo o seu libriño para levar a casa e informar as súas familias. Aquí vos deixamos unha mostra.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CLUB TELÉMACO,
PROPOSTAS DE TRABALLO
19/3/13
OJO DE NUBE: OS INDIOS CROW
A través da lectura do libro "Ojo de Nube" fomos aprendendo moitísimas cousas sobre os indios crow. Todo o que aprendemos escribímolo e debuxámolo, resultando esta pequena aplicación de imaxes interactivas, que responde a prenguntas sinxelas como: onde vivían, como eran as súas casas, que cazaban, que recolectaban, que facían... ¡¡¡Facede clic na imaxe, movede o rato e premede nos círculos!!!
Etiquetas:
CLUB TELÉMACO,
LIM,
PROPOSTAS DE TRABALLO
OJO DE NUBE: A FAMILIA
Na aula fixemos un traballo sobre a familia de Ojo de Nube e tamén da familia de cada un dos nenos e nenas de 5 anos. O traballo titulábase "Eu e Ollo de Nube" ; consistía nunha comparativa da familia de cada neno/a e a de Ollo de Nube. Como resultado obtivemos a "Árbore Xenealóxica" de cada un dos alumnos/as e de Ollo de Nube. ¡¡¡Facede Clic na imaxe, movede o rato e premede nos nomes!!!
Etiquetas:
CLUB TELÉMACO,
LIM,
PROPOSTAS DE TRABALLO
OJO DE NUBE: TRABALLANDO AS ILUSTRACIÓNS
Os nenos e nenas de 4 anos traballaron tamén a obra de Ricardo Gómez "Ollo de Nube" a través das ilustracións do mesmo. A través dos debuxos traballaron sensacións,sentimentos como podedes ver no seguinte traballo. ¡Botádelle un ollo!
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CLUB TELÉMACO,
PROPOSTAS DE TRABALLO
11/3/13
CANTIGAS DO MOMENTO
Estas son as cantigas de máis éxito entre os máis peques do cole neste momento.¡Seguro que vós tampouco vos resistides a bailalas!!!!!
1/3/13
OJO DE NUBE: ESCRIBIR COMO LECTORES
Os nenos e nenas de 4 anos crearon un conto a partir da ilustración da portada do libro "Ojo de Nube", argumentando unha pequena historia. ¡Botádelle un ollo!
Sol dourado from maite
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CLUB TELÉMACO,
PROPOSTAS DE TRABALLO
25/2/13
OJO DE NUBE: ESCRIBIR COMO LECTORES
No grupo de 5 anos comezamos a traballar o Libro de "OJO DE NUBE", facendo unha lectura da imaxe da portada e creando a partir da mesma unha nova historia titulada " A VIAXE DE AVI E LUCERO". O traballo de argumentación e ilustración cos rapaces/as foi moi interesante, creativo e orixinal.
O resultado foi este pequeno conto. ¡Unha historia fantástica! ¡Botádelle un ollo!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CLUB TELÉMACO,
PROPOSTAS DE TRABALLO
LIM: "A TRIBU GUAI"
Para axudarnos a recordar os nomes de toda a nosa tribu e outras cousas importantes fixemos un xogo LIM. Se queredes podedes intentar facelo, ¡É moi divertido!
Etiquetas:
CLUB TELÉMACO,
LIM,
PROPOSTAS DE TRABALLO
15/2/13
OJO DE NUBE: LIBRO NOMES INDIOS
Estamos traballando o libro "Ojo de Nube" de Ricardo Gómez. Para comezar, cada un dos nenos e nenas compuxo o seu nome indio (cun animal, planta ou astro máis unha calidade do mesmo). Tamén, fixeron o círculo sagrado para poñerlle nome á tribu, houbo varias propostas e escolleuse por votación.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CLUB TELÉMACO,
PROPOSTAS DE TRABALLO
12/2/13
ENTROIDO 2013
Xa chegou o ENTROIDO ao Cole e con el "Os mandados de Mimi". "Cada día da semana un obxecto ou prenda vestirás, senón a cara pintarás": o luns algo de pallaso, o martes algo de animais, o mércores algo de indios, o xoves algo de magos ou meigas e o venres o gran día do que ti queiras. ¡Botádelle un ollo e veredes que ben o pasamos!
30/1/13
DÍA DA PAZ
Este 30 de xaneiro de 2013 celebramos o "Día da Paz". Todos os nenos e nenas do cole cantamos e bailamos no ximnasio a cantiga "Color Esperanza " de Diego Torres. Tamén, elaboramos o "Tren da Paz" para o cal cada curso fixo a súa aportación.
28/1/13
SAÍDA Ó TEATRO PRINCIPAL PONTEVEDRA
Hoxe, luns día 28, fomos ó Teatro Principal de Pontevedra en autobús para ver a obra de teatro "PIO" do grupo Caramuxo. Foi unha experiencia moi divertida.
17/1/13
A TODA MÁQUINA: ALEMAÑA
Nesta viaxe imos visitar ALEMANIA!Aprendemos unha chea de cousas! Grazas a información facilitada polas mamás e papás. Facede clic nos cadros e mirade as imaxes.
Aquí podedes ver tódalas cousas que aprendemos:
A avoa de Matilde estivo vivindo moitos anos en Alemaña e convidámola para que nos contara como eran: as rúas, as festas, as comidas...
Aquí podedes ver tódalas cousas que aprendemos:
A avoa de Matilde estivo vivindo moitos anos en Alemaña e convidámola para que nos contara como eran: as rúas, as festas, as comidas...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)