Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
27/4/12
LIM "OS CHIBOS CHIBONS"
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un LIM co conto "OS CHIBOS CHIBÓNS" . ¡Intentade facelo!
CELEBRACION DIA DO LIBRO
Este mes de abril, dedicámosllo ós LIBROS. Concretamente, traballamos tres contos que os nenos e nenas disfrutaron e viviron con intensidade: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", " Os Chibos Chibóns" e "Loboferoz". Podedes ver o vídeo e comprobalo.
Os libros deberían estar presentes no día a día dos nenos/as, do mesmo modo que os seus xoguetes. O hábito da lectura é un gran estímulo á creatividade, imaxinación, intelixencia e á capacidade verbal e de centración dos nenos e nenas. Os libros enriquécennos a todos e mergúllannos en aventuras, historias e información. É a mellor maneira de inculcar valores os nenos e nenas, que aprenden divertíndose coa lectura. ¡¡Vivan os libros, non só en abril!!

LOBOFEROZ
Os nenos/as de 5 anos para a celebración do Dia do Libro traballaron o conto cantado "LOBOFEROZ": escribírono, ilustrárono e cantárono moi ben. Foi unha actividade de animación á lectura que viviron entusiasmados ¡Mirade!
PRODUCIONS MIMI: OS CHIBOS CHIBONS
Os nenos e nenas de 4 anos traballaron o conto "Os Chibos Chibons", tanto lles gustou que decidiron facer unha representación teatral do mesmo. Déronlle vida ó conto e resultou está marabilla. ¡Botádelle un ollo!
12/4/12
11/4/12
6/4/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)