Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
12/1/16
OS GOLFIÑOS
Os nenos e nenas de 5 anos do grupo B, decidiron ser a comezos do curso o grupo "Os golfiños". Desta proposta xurdiu unha pequena investigación sobre este singular animal e o resultado despois duns meses de traballo foi o seguinte. ¡Botádelle un ollo e veredes todo o que saben!
18/12/15
TEMPO DE NADAL
Aquí vos deixamos unha recompilación do que fomos facendo neste tempo de nadal que vivimos con tanta ilusión. ¡ FELICES FESTAS A TODOS !
16/12/15
PANXOLIÑA: O PELO ROXIÑO
Os nenos e nenas de 5 anos o longo destes días cantaron moitas panxoliñas. Ademais, fixeron este fermoso traballo para cantar a panxoliña "O pelo roxiño", co que queren desexarvos a todos un "BO NADAL E FELIZ ANO 2016. ¡Botádelle un ollo e cantada con eles!
CONTO DE NADAL
Os nenos e nenas de 5 anos leron estes días o conto de "PAPÁ NOEL", da editorial aGalera. Gustoulles moito. Como era un préstamo e querían ter un na aula fixeron unha adaptación do mesmo, nos dous grupos, coas correspondentes ilustracións. Este foi o resultado. ¡Botádelle un ollo!
2/12/15
TEXTOS DE OUTONO
Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha pequena escolma de textos de tradición oral relacionados co outono. Para esta pequena recollida contamos coa estimada colaboración das familias. Moitas grazas pola vosa colaboración. ¡Botádelle un ollo o vídeo, para ver o resultado!!
27/11/15
ATA SEMPRE, XOSÉ NEIRA VILAS

O curso pasado tivemos a sorte de recibir a súa visita e compartir uns momentos moi agradables coa súa conversa. Nunca te esquereremos, ata sempre Xosé Neira Vilas.
Estas son algunhas das impresións, percepcións e sentimentos que expresaron os máis pequenos:
20/11/15
LIM "O OUTONO"
Estamos na estación de OUTONO que é por excelencia a estación da recollida de moitas froitas. ¡¡Xogade con este LIM a ver se as coñecedes todas!!
13/11/15
MAGOSTO 2015
Este venres celebramos O MAGOSTO. Foi unha xornada moi divertida, realizamos unha serie de xogos antes da degustación das castañas asadas: papacastañas, pesca castañas, apaña castañas, sementa castañas... Temos que darlles as grazas aos pais de Ángel e Estefanía e tamén aos pais de Melody e Wendy que coas súas locomotoras deron feito castañas asadas para todos. Para rematar a celebración todos os nenos e nenas do cole cantamos xuntos a cantiga "O noso Magosto", inspirada na melodía popular galega "Na beira do mar". ¡¡Botádelle un ollo o vídeo!!
10/11/15
POESÍA DE OUTONO
Aproveitando que estamos no outono, os nenos e nenas de 5 anos traballaron unha fermosa poesía de Antonio García Teixeiro que ten que ver coa chegada desta estación. ¡Botádelle unha ollada os vídeos!
9/11/15
CARTEIS GAÑADORES
Xa temos carteis gañadores do concurso do Magosto. ¡Botádelle un ollo ó enlace da biblioteca!
6/11/15
CARTEIS DO MAGOSTO
Os nenos e nenas de infantil deseñaron un cartel por aula para o concurso do magosto. Son todas elas creacións moi orixinais. ¡¡Moitas grazas pola vosa participación!! ¡¡Botádelle un ollo e xa veredes!!
3/11/15
CONCURSO DE CARTEIS DO MAGOSTO
Dende a Biblioteca Mimi propuxo a realización de carteis de Magosto. ¡Botádelle un ollo a este enlace!
CONCURSO CARTEIS
CONCURSO CARTEIS
CANTIGA DE MAGOSTO
O alumnado de 5º e 6º estivo preparando unha cantiga "O NOSO MAGOSTO" inspirada na melodía popular galega " Na beira do mar". Este foi o presultado, agora só queda cantala e bailala para interpretala todos xuntos o día do Magosto. ¡Botádelle un ollo e cantade con eles!
2/11/15
CANCIÓN "LOS ESQUELETOS"
Os nenos e nenas de 5 anos, para celebrar o Samaín, foron cantar aos compañeiros de 3 e 4 anos a famosa cantiga "Los Esqueletos" do pallaso Fofito. Aprenderon a cantiga, prepararon o vestiario e gravaron. Aquí vos deixamos un vídeo coa interpretación do tema. ¡Botádelle un ollo, son uns artistas!
SAMAÍN 2015
Aquí vos deixamos algúns dos momentos que vivimos na celebración do Samaín no cole. Ademais de cantar algunhas cantigas, fixemos caveiras mexicanas, coroas fantasma, baleirado de cabazas... ¡Botádelle un ollo o vídeo!
27/10/15
TEMPO DE HALLOWEN E SAMAÍN
Aquí vos deixamos un xogo moi divertido con cabazas. ¡Probade a facelo!
Estas son algunhas das cantigas que andamos a cantar:
Estas son algunhas das cantigas que andamos a cantar:
4/10/15
1/10/15
COMEZAMOS O COLE
Estamos comezando a andaina deste curso 2015-2016 e queremos facervos participes dun dos mellores momentos da xornada destes primeiros días "O PATIO". Como veredes ¡xa estamos todos! os nenos de 3, 4 e 5 anos. ¡Botádelle un ollo o vídeo!
13/9/15
CONTACONTOS
O Señor Abraldes, alcade do Concello, veu inaugurar oficialmente o curso 2015-2016. A continuación, puidemos disfrutar dunha sesión de Contacontos con Ignacio Vilariño, subvencionado polo Concello. Se queres saber máis, fai click e segue lendo no Blog da Biblioteca.
24/8/15
Suscribirse a:
Entradas (Atom)