Hoxe recibimos no cole ó poli Paco e á poli Lola que nos explicaron e ensinaron algunhas cuestións de Educación Viaria básicas : a importancia de poñer o cinturón no coche, o uso dos pasos de peóns, como baixar do coche, como camiñar polas beirarrúas... ¡Botádelle un ollo!
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
27/5/14
21/5/14
ENTREGA DO VI PREMIO MIMI Ó PERSOEIRO DO ANO
Hoxe, fixemos a entrega do VI Premio Mimi á cantante coruñesa SÉS. Como ben sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro. Sés interpretou co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto cada ano, o tema "Canto aquí, canto na Habana" que tanto cantamos estes días no cole. Tamén nos confesou que cando estaba entre amigos gustáballe cantar o tema "Labregha Berghantiñana" que nos regalou e interpretou con todos nós. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!
AGASALLOS NO CONCELLO
Hoxe visitamos o Concello. Pili, a informadora xuvenil, e Rosa, a concelleira de cultura, agasallaron a tódolos nenos e nenas de infantil cun pequeno libro para colorear; en agradecemento a súa participación no concurso organizado polo concello "Cóntame un conto veciño".
20/5/14
A LERCHA
Este é o conto co que os nenos e nenas de 5 anos participaron no concurso da Biblioteca de Barro " Cóntame un conto veciño".
A OVELLA CALOROSA
Este conto foi creado polo alumnado de 4 anos para o concurso "CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO"
19/5/14
LETRAS GALEGAS 2014
Este ano polo Día das Letras Galegas homenaxeamos ó escritor Xosé María Díaz Castro. Os nenos e nenas de infantil fixeron diversas actividades ó respecto.
Os nenos e nenas de 4 anos quixemos retratar ao autor homenaxeado este ano, JOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, e estas son as nosas obras de arte!
15/5/14
SÓ UN SEGUNDO
DESPOIS DE LER O LIBRO "SO UN SEGUNDO", DE SILVIO FREYTES E FLAVIO MORRIS, EDITADO POR KALANDRAKA, FIXEMOS UNHA ADAPTACIÓN COAS NOSAS ILUSTRACIÓNS E VOCES.
ÁS DE MOSCA PARA ANXO
ESTA É A NOSA VISIÓN DO LIBRO DE ESTRELA, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
9/5/14
¡BENVIDA AOS PITIÑOS!
Hoxe fomos visitar ao ximnasio uns novos membros da comunidade educativa moi especiais. Unha familia de gorrións aniñou esta primavera dentro dun zampacastañas e estes días naceron os seus fermosos pitiños aos que fomos dar a benvida con moito agarimo.
8/5/14
CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO
Estes son os dous contiños que inventaron e ilustraron os nenos e as nenas de 3 anos, para participar no concurso "Cóntame un conto, veciño" que convocan o Concello de Barro e o de Portas.
7/5/14
CANDIDATOS PREMIO MIMI 2014
Un ano máis, os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á VI edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos para este ano foron: o grupo humorístico musical Os da Ría, o contacontos Anxo Moure, a cantante coruñesa "SÉS" , a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa campaña "Gústame o Galego", o escritor X. Neira Vilas e a escritora Fina Casalderrey. De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora María Xosé Silvar, a cantautora galega "SÉS".
1/5/14
ÁS DE MOSCA PARA ANXO
Este curso estamos traballando no Proxecto Escribir e Ler para ser competentes ten a súa orixe no proxcto desenvolto o curso pasado Escribir como Lectores na compaña do Club de Escritura Telémaco. A obra literaria escollida para traballar en todo o centro é "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey. O obxectivo é achegar ós nenos e nenas á literatura, a través de diversas actividades adaptadas que estimulen e fomenten a motivación pola lectura e pola produción escritura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)