1/8/12

1º TALENT SHOW

Este ano, en lugar de facer o tradicional festival de fin de curso, os/as alumnos/as de todo o cole prepararon as súas propias actuacións individuais e grupais; considerando as súas habilidades de baile, canto, instrumentais e de contadores de chistes.
¡¡O RESULTADO FOI MAGNÍFICO!!

GRADUACIÓN 2011-2012

Os nenos e nenas de 5 anos rematamos a nosa estancia no Ciclo de Infantil cunha festa de GRADUACIÓN á que convidamos os nosos pais e nais e que compartimos cos demais compañeiros/as do colexio e en especial cos de 6º curso que marchan para o Instituto.
Estabamos moi guapos cos nosos birretes. ¡Botádelle un ollo!

ALIMENTOS, ESPAZO E VERÁN

Aquí, podedes ver os alumnos de 5 anos nalgunhas das actividades que fíxemos neste último trimestre relacionadas cos alimentos, o espazo e o verán. Aprenderon moitas cousas e divertíronse moito. ¡Mirade!