31/5/12

ENTREGA DO IV PREMIO MIMI


Hoxe, fixemos a entrega do IV Premio Mimi á gañadora "Pili",a informadora xuvenil do Concello que organiza moitísimas actividades para os rapaces e rapazas do cole. Os maiores do cole, no escenario, tocaron unha peza mexicana para Pili e tamén interpretaron o tema do "Rap da Lingua" do grupo Migallas. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!

22/5/12

CANDIDATOS PREMIO MIMI 2012

Os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á IV edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos este ano foron: Avelino Pousa Antelo, Luís Tosar, Xesús Ferro Ruibal e Pilar Álvarez. De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora, cunha gran vantaxe, a informadora xuvenil do Concello "Pili Álvarez".

17/5/12

LETRAS GALEGAS 2012



Este ano, o día das Letras Galegas dedicouselle a Valentín Paz Andrade, poeta e escritor galego. Nacido na parroquia de Lérez en Pontevedra. Escribiu dende moi novo en xornais e revistas. Traballou como avogado para moitas empresas pesqueiras.Foi membro da Real Academia Galega. E, fundou con outras persoas a empresa pesqueira "Pescanova".

CANTIGAS INFANTIS

CANTIGAS DOS NUMEROS

CANTIGAS DAS CORES

CANTIGAS DO ABECEDARIO

CANTIGAS DAS VOGAIS


4/5/12

REGALO PARA MAMA

Como o domingo é o día das MAMAS os nenos e nenas de 5 anos decidiron elaborar uns agasallos  con moito cariño. Fixeron como veredes un colgante, un xoieiro e unha tarxeta moi orixinal con forma de bolso.¡Mirade que bonitos lles quedaron!

1/5/12

CUMPLES DE MAIO





En MAIO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!