27/4/12

LIM "OS CHIBOS CHIBONS"

Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un LIM co conto "OS CHIBOS CHIBÓNS" . ¡Intentade facelo!

CELEBRACION DIA DO LIBRO

Este mes de abril, dedicámosllo ós LIBROS. Concretamente, traballamos tres contos que os nenos e nenas disfrutaron e viviron con intensidade: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", " Os Chibos Chibóns" e "Loboferoz". Podedes ver o vídeo e comprobalo.
Os libros deberían estar presentes no día a día dos nenos/as, do mesmo modo que os seus xoguetes. O hábito da lectura é un gran estímulo á creatividade, imaxinación, intelixencia e á capacidade verbal e de centración dos nenos e nenas. Os libros enriquécennos a todos e mergúllannos en aventuras, historias e información. É a mellor maneira de inculcar valores os nenos e nenas, que aprenden divertíndose coa lectura. ¡¡Vivan os libros, non só en abril!!


LOBOFEROZ

Os nenos/as de 5 anos para a celebración do Dia do Libro traballaron o conto cantado  "LOBOFEROZ": escribírono, ilustrárono  e cantárono moi ben. Foi unha actividade de animación á lectura que viviron entusiasmados ¡Mirade!

PRODUCIONS MIMI: OS CHIBOS CHIBONS

Os nenos e nenas de 4 anos traballaron o conto "Os Chibos Chibons", tanto lles gustou que decidiron facer unha representación teatral do mesmo. Déronlle vida ó conto e resultou está marabilla. ¡Botádelle un ollo!

12/4/12

The Pants Song

Aquí vos deixamos unha cantiga que estamos a traballar coa teacher moi divertida.

CONTOS CANTADOS


























6/4/12

CUMPLEANOS ABRIL





En ABRIL celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!